Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PREMIOS WEBBY 2005

Google, Skype, BBC... xigantes con "Oscar" internáutico

Unha vez máis a BBC foi recoñecida cun galardón pola seu sitio de noticias, desta volta nos coñecidos premios Webby, que no apartado de xornais destacou o inglés The Guardian. Skype en "Telecomunicacións", e Google en "Boas prácticas" tiveron tamén cadanseu premio. Outros gañadores: Boing Boing foi escollido mellor blog; Nova Celandia, coma web turística, a grafiteira Grafarc coma web artística e 10x10 como mellor estructura de navegación. A organización estableceu en cada unha das categorías un dobre premio: así por exemplo, no apartado "Comunidades", a web de mascotas Dogster foi a escolla do xurado oficial, mentres os internautas preferían de entre os nominados a web de intercambio de libros Book Crossing. Toda a información na web oficial.

- 09:11 04/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)