Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VENEZUELA E CUBA SOLICITAN A SÚA EXTRADICIÓN POLO ATENTADO AO VOO DE CUBANA DE AVIACIÓN EN 1976

Detido Posada Carriles por axentes de EUA

O terrorista cubano Luis Posada Carriles, solicitado en extradición por Venezuela pola colocación dunha bomba nun avión de pasaxeiros cubano en 1976, no que morreron 73 persoas saiu do seu agocho en Miami e declarou a un xornal que xa non sente que ten que tratar de pasar inadvertido.
A información agrega que o seu paradoiro só era coñecido por unhas poucas persoas desde cando entrou a Estados Unidos (EEUU) hai dous meses desde México, e saiu á luz para dar unha entrevista a Miami Herald, nun apartamento no cotizado distrito da avenida Brickell da cidade.

- 16:04 01/03/2006
Tags:

Posada Carriles, prosigue a publicación reportada por Reuters, negou calquera participación no atentado con bomba de 1976 contra un avión de Cubana de Aviación, sen detallar onde estaba a viver naquel intre.

Primeiro agocheime moito, dixo Posadaao xornal segundo Reuters, a quen descrebe como un radical anticomunista que é moi coñecido para os exilados cubanos de Miami e cuxa presenza en Estados Unidos enfureceu ao presidente cubano Fidel Castro.

Pensaba que o Goberno de Estados Unidos me estaba a buscar, dixo ao xornal, engade a nota da axencia.

Agora agochome moito menos. Hai xente que me recoñeceu en supermercados, en consultas de médicos, na súa maioría persoas de idade, segundo o reporte.

A presenza en EEUU de Posada, un ex colaborador da CIA (Axencia Central de Intelixéncia en galego) e histórico activista anticomunista, agora representa para as autoridades estadounidenses o dilema de como reconciliar a tradicional simpatía polos exilados cubanos, influíntes, coa firme postura de Washington contra os sospeitosos de terrorismo tras os atentados do 11 de setembro de 2001, argumentou o xornal.

"Bush, feixista, captura ao terrorista", cantaba a multitude

Este martes, o presidente de Cuba encabezou a centos de milleiros de cubanos nunha marcha de protesta fronte á misión diplomática estadounidense en La Habana para exixir que o goberno do pesidente estadounidense George Walker Bush arreste a Posada.

Por outra banda, o presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías -a quen sinala a información como aliado cercano de Castro- a semana pasada pediu a Estados Unidos que extraditase a Posada, quen ten a cidadanía venezuelana.

Venezuela pediu ao goberno de Bush que apresara ao home de 77 anos de idade, e o deportase para que axuízalo polo atentado contra o avión cubano. Posada foi arrestado en Venezuela hai máis de 20 anos, pero escapou da cadea sen ter recebido unha condena (En 1985, fuxiu da Penitenciaría Xeral de Venezuela, en San Juan De Los Morros, estado Guárico).

Philip Zelikow, asesor do Departamento de Estado, dixo aos lexisladores a semana pasada que o ataque con bomba contra o avión foi un acto de terrorismo e que as autoridades estadounidenses estaban a recopilar evidéncia sobre o presunto papel de Posada para determinar como tratar calquera petición de asilo.

Ao ser consultado polos xornalistas do Miami Herald de si participou no estoupido do avión cubano, Posadadixo: "Acusaronme de ter sido o autor intelectual, de fabricar unha arma de guerra e de traizón á patria. Ninguén me viu fabricar unha bomba", complementa cunha cita textual do terrorista nado en Cuba e agora con nacionalidade venezuelana.

Posada Carriles non negou nin confirmou o seu papel nunha série de bombas que estouparon en hoteis en Cuba en 1997, cando morreu un turista italiano (Fabio Dei Celmo, cuxo pai, Giustino Dei Celmo, hoxe marchou en Cuba contra o terrorismo).

"Deixemos á historia", dixo ao ser consultado sobre o tema ao Miami Herald.

Posada Carriles relatou que viaxou a Estados Unidos porque temía que axentes do Goberno cubano estaban na súa procura para matalo.

Puntualiza a publicación, que as autoridades case o atraparon nunha viaxe a Miami na liña de autobús Greyhound, pero que logrou convencer aos oficiais de imigracións que abordaron o autobús de que el era só un anciano inofensivo que se esquecera de traer os papeis.

Dixo que en Miami estivera a ler e pintando, e que estaba preparado para ser detido en caso de ter que apresentarse para a súa entrevista de asilo, pecha o reporte de Reuters.

Xurxo Martínez Crespo


Ligazóns

0/5 (0 votos)