Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XI EDICIÓN DO PREMIO "ARCEBISPO XOÁN DE SAN CLEMENTE"

O "annus mirabilis" de Teresa Moure

Unha semana despois de gañar o Xerais e un día antes de presentar o libro de ensaio "Otro idioma é posible" que recibiu o premio Ramón Piñeiro, Teresa Moure vén de ser galardoada co premio "Arcebispo Xoán de San Clemente" pola súa novela "A xeira das árbores", que xa fora distinguida co premio Lueiro Rei. A profesora de Lingüística Xeral da USC comparte o premio con Álvaro Pombo, na modalidade de narrativa en castelán, pola súa novela "Unha fiestra ao norte" e coa italiana Melania G. Mazzucco autora de "Vita" na categoría de"novela estranxeira". O xurado da XI edición deste certame estivo formado por alumnos dos institutos Sofía Casanova de Ferrol, Ramón Cabanillas de Cambados, San Rosendo de Mondoñedo, Martaguisela d'O Barco de Valdeorras e Rosalía de Castro de Santiago.

- 19:47 22/06/2005
Tags:


0/5 (0 votos)