Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIGACIÓN ABERTA

Os detidos en Santiago polo atentado frustrado prestan declaración na Audiencia Nacional

As dúas persoas detidas en relación co atentado con bomba na sede central de Caixa Galicia de Santiago de Compostela atópanse xa na Audiencia Nacional onde prestan declaración como presuntos autores dun delicto de terrorismo. Uxío Caamaño e Xiana Rodríguez, que dende a súa detención se encontraban na comisaría de Santiago de Compostela á espera de pasar a disposición da Audiencia Nacional, foron trasladados esta madrugada a Madrid.

- 12:44 26/07/2005
Tags:

Os dous mozos foron detidos o pasado sábado pola Policía despois de comprobar cómo pouco antes deixaban un artefacto sospeitoso na porta principal da entidade financeira, onde se encontran os caixeiros automáticos. A investigación por estes feitos segue aínda aberta, segundo confirmaron fontes da Xefatura superior da Policía nacional.


0/5 (0 votos)