Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
''O COMÉRCIO DE PORTO'' É O XORNAL MÁIS ANTIGO DE EUROPA

O Sindicato de Xornalistas de Galiza critica que Prensa Ibérica peche dous xornais en Portugal

O grupo Prensa Ibérica, editor en Galiza do Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, deixará de publicar en Portugal O Comércio e A Capital. O sindicato galego de xornalistas amosa a súa solidariedade cos máis de 150 profesionais que poden quedar sen traballo nos próximos días. Contámoslles por outra parte que o Correio da Manhã informou hai poucos días da intención do Grupo Prisa de recuperar a cabeceira O País para lanzar a versión lusa do seu xornal de referencia.

- 11:16 03/08/2005
Tags:

Ao tempo, o Sindicato de Xornalistas de Galiza anuncia que traballa á beira do Sindicato dos Jornalistas de Portugal e a Federación de Sindicatos de Periodistas para informarlle aos comités de empresa dos numerosos xornais de Prensa Ibérica da actuación deste grupo editorial en Portugal e consensuar medidas de protesta. Advírtenlle a Prensa Ibérica que no caso de abandonar estes xornais "a credibilidade deste grupo quedaría seriamente dañada".

Ademais do pau á pluralidade informativa portuguesa, dende o SXG láianse da desaparición do que até o momento é o diario máis vello do continente, O Comércio do Porto e A Capital, de Lisboa, sumaron unha media de exemplares vendidos no primeiro trimestre de 2005 de 3.422 e 3.794 respectivamente.


Ligazóns

0/5 (0 votos)