Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPERACIÓN POLICIAL EN LUGO, OURENSE, VIGO E COMPOSTELA

A garda civil detén cando menos dez persoas vencelladas a organizacións independentistas

A Garda Civil rexistrou ao longo de toda a xornada de hoxe diversos domicilios particulares e locais sociais que tiveron como resultado a detención de cando menos dez persoas relacionadas con organizacións independentistas, segundo informan portais como Galiza Livre, Arredemo e a web de Nós-UP. A operación é consecuencia dunha orde ditada pola Audiencia Nacional. Segundo fontes da garda civil citadas por Europa Press, as detencións producíronse nas cidades de Lugo (1), Ourense (3), Compostela (5) e Vigo (1) e aos detidos impútaselles, segundo unha nova versión da axencia, os delitos de apoloxía do terrorismo, desorde pública, danos no mobiliario urbano e queima de caixeiros en entidades bancarias.

- 18:41 14/11/2005
Tags:

Oito das dez persoas detidas son, segundo Nós-UP, Antom Garcia Matos, Maria Álvares, Joám Bagaria Frá, Paulo Martearena (Nahuel), José Viana, Hadriám Mosqueira (Senlheiro), Miguel Garcia Nogales e Maria Osório.

Segundo estas fontes, ata o momento non se precisou se continuarán ou non as detencións e descoñécese tamén o tempo que poidan permanecer detidos os independentistas, que foron conducidos ás dependencias do cuartel das Cancelas. Ademais das detencións compre destacar que un dos incidentes máis importantes foi o ataque de asma padecido por María A., militante de AMI, durante a detención, o que provocou que tiveran que levala ao Hospital Clínico de Compostela e logo trasladada ao cuartel.

Dende Ceivar denúncianse estas detencións como "unha tentativa de criminalizar o independentismo organizado, desatando operacións espectaculares nas que, cunha importante cobertura mediática, se vulnera a presunción de inocencia dos detidos e detidas e se satanizam organizacións e colectivos". Ceivar resalta tamén que estas detencións se produzan durante o debate sobre a reforma autonómica e asegura que se trata "dunha tentiva política clara de criminalizar unha proposta anti-autonomista detrás da que se atopan as máis altas instancias estatais coa Audiencia Nacional e a Garda Civil como brazos executores".

A policía rexistrou tamén unha das sedes da Assembleia da Mocidade Independentista, AMI, situada no local da Gentalha do Pichel, na rúa de Santa Clara de Santiago de Compostela. Na web de AMI aparece agora unha mensaxe: "intervenido por la Guardia Civil"


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: