Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
ÉXITO INTERNACIONAL DO CINEASTA DE BUEU

"La Canción de Fémerlin" segue a acadar premios polos festivais de cinema

Nos últimos dez días, a curtametraxe dirixida por Manuel Pena recibiu o primeiro premio no festival de curtametraxes "Ciudad de Camas" organizado en Camas, Sevilla, para alén de colleitar un grande suceso no Mostramundo brasileiro onde recibiu o galardón do público, nunha xeira de festivais e premios que comezou co primeiro premio no festival Centolo Films da súa localidade natal.

- 17:25 24/11/2005
Tags:

Cincuenta festivais e vintecinco países proxectaron ate o de agora a fita do cineasta de Bueu, que xa leva colleitados por riba sete premios en Europa e América. Pero é que a súa curta xa chegou tamén a Asia e África, onde espectadores de diferentes culturas gozaron coa historia do malvado inventor que anda na procura de domear o mundo mediante a hipnose. . Os actores Saturnino García, Manuel Millán e Tacho González protagonizan esta singular historia rodada na Galiza que, como agarda Manuel Pena, pode ser o derradeiro chanzo na súa andaina antes de dar o chimpo ás longametraxes, eido onde o director buenense busca produtora para Ramsés, título provisional do seu primeiro proxecto longo que agarda poder rodar axiña no noso país.


0/5 (0 votos)