Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HABERÁ UN ACTO CONXUNTO ESTA TARDE NA CORUÑA

Bolivianos residentes en toda Galiza xúntanse para celebrar a toma de posesión de Evo Morales

A investidura de Evo Morales como presidente de Bolivia está a ser especialmente celebrada pola comunidade indíxena no noso país. Cadrando co acto oficial de toma de posesión, perto de 200 bolivianos residentes na Coruña quedaron para reunirse na praza de María Pita sobre as cinco da tarde para un acto central no que os asistentes farán unha foto colectiva e lerán unha carta ao presidente en quechua, aimará, galego e castelán, e interpretarán o himno boliviano. Ao longo do día foron chegando á cidade bolivianos procedentes de toda Galiza para confraternizar en diversos actos deportivos, gastronómicos e musicais. Evo Morales, tomará posesión á mesma hora este domingo, un día despois de ser entronizado como líder indíxena nunha cerimonia na que se encomendou á Pachamama (nai Terra) e ao Tata Inti (pai Sol). Morales, de orixe quechua e aimará, é o primeiro indíxena que acada o poder en Bolivia en 500 anos.

- 12:07 22/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)