Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTABLECIDOS OS PRAZOS PARA O LANZAMENTO DO DOMINIO

O .cat estará dispoñíbel para todos os internautas desde o 23 de abril

As institucións catalás poderán conseguir o seu enderezo internáutico co sufixo .cat desde o próximo 13 de febreiro. Nunha segunda e terceira fase, abertas desde o 20 de febreiro, a reserva ábrese a entidades de toda clase con presencia en catalán en internet e máis ás 68 mil persoas que asinaran a campaña de apoio a prol do .cat. Desde o 23 de abril calquera poderá pedir o nome de dominio, aínda que os xestores advirten que se pedirá xustificante do vencello coa comunidade lingüística e cultural catalá para aquelas webs que non estean nesa lingua. Toda a información en Nic.cat.

- 10:47 25/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)