Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A PLATAFORMA XA TEN WEB

Pola recepción das radios e televisións portuguesas en Galiza

O que a finais do 2004 naceu como grupo de discusión na rede para acabar co "isolamento mediático" que padece Galiza a respecto de Portugal hoxe está constituído como Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza e vén de sacar á luz a súa web. Nela a plataforma ofrece abondosa documentación xurídica sobre o marco legal europeo en materias de televisión e lingua, e tamén algunhas fórmulas alternativas para poder gozar da televisión lusófona, como as plataformas dixitais TV Cabo (Portugal) e TV Globo (Brasil), que veñen por satélite e polo tanto son de pago. A web tamén recolle un relatorio no que o Consello Europeo reprendeu o goberno español por non cumprir o establecido na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. A plataforma pídelle ao goberno galego que inicie canto antes os trámites neste asunto.

- 12:54 25/01/2006
Tags:


5/5 (3 votos)