Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DO 30 DE MARZO AO 2 DE ABRIL

Vilagarcía acollerá o I Salón Erótico do Atlántico

Despois de Barcelona e Lisboa, Vilagarcía será a terceira localidade da península en organizar un festival da industria do erotismo, bautizado neste caso como Salón Erótico do Atlántico (SEDA). A cita é do vindeiro 30 de marzo ao 2 de abril e estará dirixida a profesionais pero tamén ao público en xeral. Haberá unha feira de mostras con máis de 50 expositores que amosarán as novidades do sector, tanto no eido do cine e as revistas especializadas como no dos obxectos: lencería, artigos de sex shop, etc. Pero ademais as xornadas incluirán espectáculos en directo (heterosexuais, gais e lésbicos), gastronomía afrodisíaca, e a primeira convocatoria dun cásting para converterse nunha estrela erótica. Precisamente unha delas, a actiz catalá Evita de Luna estivo hoxe na rolda de prensa na que se presentou o Salón. De Luna tamén participará en abril no I Saló del Sexe en Catalá, que se celebra en Manresa. Está visto que aos galegos quédanos moito por normalizar...

- 16:36 02/03/2006
Tags:


4/5 (1 votos)