Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRA VALORACIÓN DO EXECUTIVO VASCO

Ibarretxe: "Por fin a ETA escoitou a sociedade vasca"

"Chegou a hora de que calen definitivamente as armas, de facermos entre todos e todas universal e irreversíbel a paz", dixo na tarde deste mércores o lehendakari Ibarretxe, na primeira valoración que fai o goberno vasco do cesamento de fogo da ETA. O presidente vasco pediulle aos partidos xuntar esforzos para "acadar un acordo de normalización política que posteriormente sexa ratificado, a través dunha consulta democrática, pola sociedade vasca".

- 18:37 22/03/2006
Tags:

"Debemos aproveitar esta oportunidade e comprometémonos a traballar conxuntamente para acadar un acordo de normalización política", afirmou Ibarretxe agoirando "un proceso complexo e non exento de dificultades" e indicando a súa convicción de "facer que desaparezan definitivamente da sociedade vasca todo tipo de accións vulneradoras dos dereitos individuais e colectivos". "Manifestamos o noso compromiso inequivoco coas vías exclusivamente políticas e democráticas para a solución do conflito de naturaleza política existente en Euskal-Herria", dixo, "no respecto do principio da democracia segundo o cal as cuestións políticas teñen que resolvelas os representantes lexítimos da vontade popular".

Juan José Ibarretxe anunciou que o seu goberno xa iniciou o contacto cos representantes de todos os partidos vascos "para valorar este escenario de esperanza e abrir unha primeira fase de diálogo entre os partidos, sen exclusións", subliñou. Nese camiño, o lehedakari fixou coma obxetivo inmediato o deseño dun calendario concreto con contidos para o diálogo que permita "a constitución dunha mesa de partidos coa meta de conseguir un acordo integrador para a normalización pol´tiica que será sometido logo a consulta popular". "Este cesamento de fogo da ETA é un enorme alivio para a sociedade vasca, e abre unha fiestra á esperanza que ninguén debe pechar", pediu, "todos temos que ser capaces de amosarlle un recoñecemento sincero a todas as vítimas, que poña a base da reconciliación na sociedade".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: