Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA A PROL DA ENCICLOPEDIA LIBRE

Un artigo ao día na Galipedia

No foro de Vieiros veñen de avisarnos da creación da Sociedade de Amigos da Galipedia, para a promoción do espazo galego da Wikipedia, que no momento de escribirmos estas liñas suma xa 13.960 artigos. Artigos longos ou pequenos, novidades para o catálogo ou traducións dos rexistros que xa existen noutras linguas, a Galipedia precisa da colaboración de todos os internautas galegos para medrar en extensión e calidade. Rexístrense e colaboren: "A Galipedia é fácil e axuda a compartir o coñecemento libre en galego".

  • Anteriores: O futuro de internet pasa pola volta "ás súas orixes colaborativas"
  • A wikipedia: exemplo colaborativo en rede do que aprender

- 07:52 27/03/2006
Tags:


5/5 (1 votos)