Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A EXPERIENCIA CATALANA

Perto de oito mil entidades xa pediron o .CAT

Dous meses despois de que se abrira o período de lanzamento do dominio .CAT, a Fundación Punt Cat informou de que leva recibidas perto de 8 mil solicitudes, das cales concederon unha tres mil. Este proceso restrinxido de rexistro rematará o vindeiro 21 de abril. A partir do 23 de abril, data moi simbólica para os cataláns, todo aquel que queira poderá facer a súa solicitude.

- 15:16 06/04/2006
Tags:

Algunhas das primeiras entidades que se apresuraron a coller o dominio .cat foron o FC Barcelona, a Generalitat de Cataluña ou o portal Vilaweb.

A primeira páxina dunha entidade valenciana en ter activado o dominio.cat foi a Federació de Dimonis i Diables del País Valencià, e en Mallorca tamén reservou o seu enderezo a Obra Cultural Balear. Na primeira fase do período do lanzamento, reservado a entidades cunha dedicación especial á promoción da lingua e da cultura catalanas, atopamos enderezos de universidades como a Autónoma de Barcelona e de medios de comunicación como Avui ou Televisió de Catalunya; concellos como o de Lleida ou o de Barcelona; institucións culturais como o Institut d'Estudis Catalans ou o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: