Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AS MELLORES CONEXIÓNS

O país da banda larga é Islandia

O pequecho recuncho islandés amosa a mellor porcentaxe de cidadáns conectados a internet a través da banda larga, cunha taxa de penetración do 26.7%, segundo as cifras da Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento. A investigación da OCDE pon tamén en lugares destacados e a nivel europeo a Holanda, Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia, con porcentaxes por riba do 20%. Ben é certo que segundo o Instituto Nacional de Estatística esa taxa xa a acada o Estado español, ao que pola contra a OCDE deixa nun 11.7%, por baixo da media do 14.2% da UE antes da última ampliación. Seguindo ao INE, en Galiza a taxa de conexión á rede con banda larga acada o 9%.

- 09:24 17/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)