Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A ESCENA DO BLOGOMILLO MULTIPLICOUSE EN 2005

As bitácoras galegas falan galego

"Case o 80 % utiliza só o galego, en calquera das súas variantes ortográficas". Así o recolle o estudo realizado polo grupo de Novos Medios da Universidade de Santiago durante o recente encontro EnBlogs 2006. A análise amosa outros significativos datos: sete de cada dez blogs galegos naceron en 2005, a maioría escribe artigos curtos e existe pouca especialización temática.

- 09:36 21/04/2006
Tags:

"A bloguesfera en galego: demografía, usos e contidos" é o informe presentado polo Grupo de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación, que saca unha interesante imaxe da media das bitácoras do país.

Apuntan que case todos os blogs usan contidos de elaboración propia en máis de tres cuartas partes dos seus contidos; a súa autoría é fundamentalmente individual, no 85% dos casos, e tamén baixo seudónimo, o 78%; o 70% escriben artigos de menos de 1000 caracteres; un 30% actualiza varias veces á semana, un 23% unha vez por semana e un 20% case todos os días. Da selección realizada extráese ademais conclusión de que 2005 foi o ano da multiplicación blogueira, co 69% creados neses ano, mentres que un 23% xurdira en 2004, o 5% en 2003%, o 2% en 2002 e o 1% en 2001. Na web da xuntanza pode consultarse o estudo completo (.pdf).

A "apropiación tecnolóxica"
EnBlogs 2006 tamén acolleu a presentación doutro estudo sobre a bloguesfera galega, a cargo de Fernando Garrido, do Observatorio da Cibersociedade, quen apuntou que "a clave para comprender a relevancia da explosión exponencial dos blgos está no cambio de percepción da rede, cara a unha apropiación social activa da tecnoloxía" por parte dos cidadáns. Garrido opinou que esta evolución "pode marcar o paso á madureza dun país no campo da sociedade da información".

A súa análise detectou que o 60% dos blogueiros en Galiza son homes, cunha presenza maior da muller, que no resto do Estado queda no 28%. A maioría usan banda larga, máis da metade levan menos dun ano no blogmillo e a principal motivación expota no cuestionario que se lles pasou amosa a idea de "pode expresarse libremente" como clave para brincar á rede.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: