Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
ESPAZO GALEGO AO REDOR DAS LETRAS GALEGAS

Espazo Galego presenta o seu proxecto de "Semana Cultural Galega"

Espazo Galego presenta unha nova iniciativa, unha Semana Cultural Galega para mostrar á sociedade catalá diferentes aspectos da cultura galega e que, en vindeiras edicións, pretende implicar a máis entidades da galeguidade dos Països Catalans. Nun único acto, o vindeiro 15 de maio ás 20 h na Biblioteca Bonnemaison, presentarase un certame literario para estudantes de galego e de portugués e un recital de poesía ao redor da exposición fotográfica AreaFemia de Carmela Gil, que acompañou o ciclo Galiza, sen rastro de Mulleres, agora exposta na biblioteca. Máis información, na web de Espazo Galego.

- 22:58 13/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)