Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRONTE Á VAGA DE INCENDIOS

Amarante súmase ao berro de "Lumes Nunca Máis"

"Faise necesario un cambio de políticas agroforestais que permitan unha xestión sustentábel do monte e a recuperación do mundo rural". Desde a ONG Amarante, suman voz ao reaxir da plataforma cidadá Nunca Máis.

- 17:02 11/08/2006
Tags:

AMARANTE como organización de solidariedade galega que traballa no ecodesenvolvemento ( no desenvolvemento sustentabel ), sumase, coma no seu día o fixo co desastre do Prestige, ao movemento cidadá que demanda cambios de políticas forestais e que esixe esclarecemento e tolerancia cero cos incendiarios.

Coma se ven denunciando desde fai moito tempo ( cabe recordar que xa no 99 Amarante participou xunto con Greenpeace e Amigos da Terra nunha marcha sobre o camiño de Santiago para denunciar a situación do monte galego ) as políticas agrarias de abandono do rural e peche de explotacións e as políticas forestais de monocultivo e presión urbanistica teñen xerado un desastre medioambiental sen precedentes e son responsables das reiteradas vagas de lume que asolan desde fai decadas a nosa comunidade.

Amarante cre que debe abrirse unha profunda reflexión no conxunto da sociedade que vive de costas ao mundo rural e que só utiliza o bosque como zona de recreo ou coma vertedoiro, dos propietarios particulares e das comunidades de monte, que na maioria dos cassos estan atrapadas en políticas de repoboación con especies de crecemento rapido e sen inversións necesarias en reordenamento e seguridade, e dos responsables políticos para que avancen con máis forza nos seus compromisos electorais de modificación das políticas forestais seguidos ata o de agora.

Namentras é fundamental, e Amarante fai un chamamento, a participación social na loita contra os incendios ( durante moitos anos as políticas de voluntariado teñen estado centradas en iniciativas tan ocorrentes coma o Xacobeo en lugar por exemplo en defensa do monte galego ) e tamén na mobilización social para esixir as autoridades maiores compromisos e a detencion dos responsables e o esclaremento das mais que probables conexións entre eles como formula necesaria para saber as motivacións polas que se produciu esta vaga de lumes.


Xoan Hermida Director de Amarante


0/5 (0 votos)