Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA QUINTA EDICIÓN DA CONVOCATORIA

Neira Vilas recibirá o premio 'Facer país'

"Por toda unha vida de compromiso con Galiza e a súa cultura; pola súa incardinación co medio rural e as vivencias das súas xentes; o seu intenso actuar como aglutinador de esforzos colectivos na emigración, especialmente na Arxentina e Cuba; o seu fecundo labor literario en compaña da súa dona Anisia Miranda, gozando do xeral recoñemento pola autenticidade e a intensidade da súa colaboración coas asociacións e demais axentes culturais de Galiza, medios comunicación e demais foros da galeguidade". Velaí algúns dos argumentos cos que a Asociación Cultural Val de Láncara, de Lugo, anuncia que a quinta edición do Premio Ramón Piñeiro de "Facer País", será este ano para o escritor galego Xosé Neira Vilas.

- 07:12 31/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)