Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROXECTO DO GOBERNO LOCAL VIGUÉS

Propoñen construír en Baiona unha depuradora para toda a comarca viguesa

O Concello de Vigo puxo na mesa este martes a idea de construír unha macrodepuradora preto de Baiona, no contorno de Cabo Silleiro, da que aseguran que podería atender as necesidades de toda a comarca. Segundo o goberno vigués, non só solucionaría os actuais problemas da rede de saneamento senón que mesmo permitiría eliminar as sete actuais estacións depuradoras de augas residuais que existen en Redondela, Soutomaior, Arcade, Teis, Lagares, Nigrán e Gondomar. A alcaldesa Corina Porro espuxo a iniciativa, detallando que incluiría a construción dunha canalización de até 42 km entre os estremos de Baiona e Soutomaior. O custo estimado é de máis de catrocentos millóns de euros e podería estar lista antes do ano 2015. Poden ampliar na web do Concello. Anteriores:

  • A ría viguesa tardará seis anos en estar saneada
  • Galiza precisa investir cen millóns de euros para corrixir o défice na depuración de augas residuais

- 07:01 06/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)