Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
TRATÁSE DE QUE ALCANCEN OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO (ODM)

Países pobres inician na ONU revisión de programa de desenvolvemento

Representantes dos 50 países menos desenvolvidos e dos Estados donantes iniciaron hoxe luns unha xuntanza na Organización das Nacións Unidas (ONU) para revisar o Programa de Acción de Bruxelas, adoptado na capital belga en maio de 2001.

- 14:52 18/09/2006
Tags:

O diálogo durará dous días para pasar revista á marcha dese programa, destinado á adopción de medidas para que eses Estados consigan alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).

Os ODM, acordados pola ONU en 2000, comprenden varias metas, entre elas eliminar a pobreza extrema, lograr a educación primaria universal, mellorar a saúde materno-infantil e incrementar a loita contra a Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (Sida) e outras enfermidades.

Eses obxectivos teñen data de cumprimento en 2015 e a cita de dous días nesta sé das Nacións Unidas ten a intención de coñecer como marchan os progresos cara a esas metas.

Durante a reunión en Bruxelas, en 2001, instaurouse un programa de acción de 10 anos en conxunto con Estados donantes e os países menos desenvolvidos.

Mentres os primeiros comprometéronse a brindar axuda, propiciar o comercio e eliminar a débeda externa deses Estados, os países menos desenvolvidos fixérono na esfera do bo goberno e as reformas económicas.

Entre os avances aparece a eliminación de barreiras comerciais por parte da Unión Europea aos produtos dos países máis pobres, menos os armamentos.

Estatísticas da ONU sinalan que en conxunto as exportacións libres de imposto dos países menos desenvolvidos cara á comunidade económica europea creceu de 70 ao 80% de 2001 a 2004.

Na máis recente conferencia ministerial da Organización Mundial do Comercio realizáronse novas concesións para os países menos desenvolvidos e reducíronse as cargas da débeda, aínda que se manteñen a un nivel considerado difícil.

Os países desenvolvidos quéixanse, pola súa banda, de que os conflitos civís nos menos desenvolvidos localizados en África (34 dos 50 países integrantes) afectan os acordos de Bruxelas e os negocios.

Recientemente, o Banco Mundial recomendou tomar medidas para aliviar esa situación con Tanzania, Benin, Burkina Faso, Gambia, Madagascar, Malawi, Mali, Moçambique, Níxer e Zambia.

Especialistas de Nacións Unidas abordaron a inestabilidade en moitos deses Estados durante unha xuntanza celebrada en xuño pasado en Cotonou, Benin, onde se sinalou que malia a mellora económica, a taxa de extrema pobreza medra.

Un factor nesa aparente contradición, precisan as fontes, é a concentración do crecemento na produción de produtos primarios e baixa actividade laboral.

Ademais, sinalan como dado alarmante que a Sida se incrementa nos países menos desenvolvidos e que a axuda ao desenvolvemento aínda está por baixo do 0,1% do ingreso dos países donantes, menor á meta de 0,2% acordada en Bruxelas hai cinco anos.

O encontro estará encabezado por Anwarul K. Chowdhury, subsecretario xeral da ONU e alto representante para os Países Menos Desenvolvidos, Estados Subdesenvolvidos sen saída ao mar e Nacións Subdesenvolvidas.


5/5 (1 votos)