Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BAIXO ESTRITAS CONDICIÓNS

A UE aproba a entrada de Romanía e de Bulgaria en xaneiro do 2007

A Comisión Europea anunciou que Romanía e mais Bugaria serán admitidas para entrar na Unión Europea en xaneiro do ano que vén, aínda que con condicións. O presidente da Comisión, Durão Barroso, dixo que os dous países fixeron abondos avances para entrar na UE, se ben van ser vixilados severamente en tres puntos críticos: a corrupción e o crime organizado, o uso dos fondos europeos e a seguridade alimentaria. Deste xeito queda asegurada a ampliación comunitaria a 27 estados, despois das reservas que lle poñían difícil o camiño a Romanía, con moitas reformas que abordar. O primeiro ministo romanés, Calin Tariceanu, manifestou o orgullo polos seus cidadáns, aínda que lles advertiu que a admisión na UE non lles vai resolver todos os problemas. Para o mandatario búlgaro, este fito é para o seu país equiparábel á caída do muro de Berlín.

  • O discurso íntegro de Barroso en inglés aquí.
  • Canto sabes dos novos países da UE? Fai o test na web da BBC.
  • No escáner: Cal é o futuro de Galiza na Europa dos 25?
  • Especial de Vieiros: A Europa que queremos

- 09:07 27/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)