Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL][DEPORTIVO - CELTA]

O derbi máis galego dos últimos tempos

Deportivo e Celta xogarán esta fin de semana o primeiro derbi galego da tempada na primeira división. Lonxe quedan xa aqueles choques nos que só o capitán deportivista Fran representaba o fútbol autóctono, en parte, porque as numerosas lesións que está a sufrir o Celta obrigan a Fernando Vázquez a convocar a catro canteiráns. Deste xeito, este domingo en Riazor ata sete xogadores nacidos en Galiza poderían participar no derbi: Iago e Barragán polo Dépor e Oubiña, Jonathan e Iago Aspas, Dani Abalo e Jonathan Vila por parte do cadro vigués.

- 12:28 16/11/2006
Tags:

Aínda que a súa presenza no terreo de xogo é complicada, todo parece indicar que o Celta contará este domingo en Riazor con catro canteiráns galegos. Así, un total de cinco xogadores autóctonos participarían na expedición celeste que este domingo viaxará a Riazor coa intención de reducir os tres puntos de diferenza na táboa co Deportivo. Fernando Vázquez xa anunciou que os xogadores do filial completarán a convocatoria pero que non conta con darlles minutos. Porén a súa presenza no banco fará que o derbi do domingo sexa o máis galego dos últimos anos.

No cadro de Caparrós o lateral de Pontedeume Barragán e o centrocampista coruñés Iago porán o acento galego na lista branquiazul. No equipo vigués, á habitual presenza no once titular de Oubiña e nos trocos de Jonathan Aspas hai que sumarlle a convocatoria por parte de Vázquez do extremo vilagarcián Dani Abalo; Jonathan Vila, medio centro vigués e Iago Aspas, irmán do moañés Jonathan e que está a destacar como segundo punta do Celta B.

O encontro comezará ás 21:00 horas e será retransmitido en directo por Canal Plus. De momento, a presenza de afeccionados celestes na bancada de Riazor está garantida aínda que non se agarda unha afluencia masiva como o ano pasado por culpa do horario.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: