Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLA SÚA RESPONSABILIDADE NO MASACRE DE TLATELOLCO

Acusan de xenocidio o ex presidente mexicano Luis Echeverría

O 2 de outubro de 1968, unha mobilización estudantil concentrábase na capital mexicana, no barrio de Tlatelolco, nunha máis das actividades que os mozos organizaban por aquel tempo a prol da fin do goberno autoritario do Partido Revolucionario Institucional. A resposta militar contra o acto causou o asasinato de ducias de rapaces, e o daquela responsábel directo, o ministro de Gobernación, Luis Echevarría, convertíase un par de anos despois en presidente do país. Agora, un xuíz ordenou o arresto de Echevarría como primeiro paso dun proceso por xenocidio contra o ex mandatario. México tamén é actualidade este xoves polo violento enfrontamento producido no Congreso entre deputados do gañador oficial das eleccións e o candidato rival.

- 08:28 30/11/2006
Tags:

Apenas dez días antes de que se inaugurasen as Olimpíadas, que ese ano 1968 acolleu México, o goberno autorizaba unha acción do exército contra ese acto xuvenil, durante a que militares e paramilitares asasinaron a ducias de estudantes. Oficialmente recoñecéronse 39 vítimas, aínda que colectivos civís falan de até 300 mortos.

O goberno deses anos, liderado por Gustavo Díaz Ordaz, e o propio executivo presidido a continuación por Luis Echevarría, son lembrados polos seus mecanismos represores fronte a movementos sindicais ou estudantís de todo tipo. Non foi até hai catro anos cando a Corte federal do país ordenou a reapertura da investigación desta matanza de Tlatelolco. Echevarría é acusado tamén doutra acción militar contra estudantes producida en 1971.


Ligazóns

0/5 (0 votos)