Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POR EDITAR WINDOWS NA LINGUA 'MAZUDUNGUN' SEN PEDIR PERMISO

Comunidades mapuches cavilan denunciar a Bill Gates

Varias comunidades mapuche expresaron a súa indignación e a súa intención de evitar, pola vía legal, que Microsoft manteña a súa versión de Windows en mapuzungun, lingua propia de parte dos mapuches chilenos. O seu argumento principal é que a empresa que encabeza Bill Gates incorreu nun acto de "piratería intelectual" coa súa lingua ao non pedir permiso para empregala.

- 13:21 01/12/2006
Tags:

Microsoft conta con diversos 'programas sociais' mediante os que realiza investimentos en proxectos con rendemento social aínda que non económico. Neste caso a compañía está embarcada na expansión a diversas comunidades indíxenas americanas dunha dixitalización baseada na traducción a linguas minorizadas do seu sistema operativo.

Existen traduccións de Windows ao mohawk, o quechua ou o inuktitut, realizadas baixo este programa, que só atopou a oposición dos mapuches. A orixe do polémica vén de que Microsoft só tratou co Ministerio de Educación de Chile para levar adiante o proxecto, sen ter en conta en ningún momento aos 'propietarios' do idioma, que falan uns 400.000 mapuches chilenos, arredor de dous terzos dos indíxenas desta etnia que viven no país.

Para agrandar a polémica, o mapuzungun, que foi unha lingua exclusivamente oral até hai dúas décadas, conta con catro propostas de normativa, entre as que Microsoft escolleu, mais unha vez, sen preguntar aos interesados. "Sentímonos ignorados respecto ao convenio que estableceron Microsoft e o Ministerio de Educación de Chile sen o noso consentimento e sen a máis mínima consulta", afirmou con respeito a esta polémica Aucan Huilcaman, 'werken' do Consello da agrupación mapuche 'Todas las Tierras'.

  • Información relacionada no blog de Manuel Gago


  • 0/5 (0 votos)