Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Valdeorras

Edición xestionada por Gustavo Docampo
RSS de Valdeorras
EDITADO POLA USC

Presentado en Santiago o libro de Ricardo Gurriarán "Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago, 1900-1940"

O libro de Ricardo Gurriarán "Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago 1900-1940. Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado" presentouse onte venres nun acto celebrado en Compostela no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome coa presenza do reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o propio autor e os vicerreitores de Relacións Institucionais e de Cultura, Lourenzo Fernández Prieto e Elías J. Torres, respectivamente.

- 15:20 02/12/2006
Tags:

A obra reconstrúe e analiza a investigación científica en Galicia antes da Guerra Civil, indagando sobre a súa estrutura e organización, as redes de formación creadas, a súa implantación e a súa liquidación, así como os itinerarios dos investigadores e do caudal humano que saíra da universidade galega naquela altura.

O libro presentado correspóndese coa tese de doutoramento do mesmo autor sobre ‘A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil’. No seu conxunto e segundo expuxo o autor, a obra demostra que o momento científico de máximo esplendor da institución compostelá naquela época abrangue de 1930 a 1934 coincidindo coa chegado de profesores novos, a II República e a xestión do reitor Rodríguez Cadarso. "Será neste momento cando a Universidade de Santiago vai mudar cara a unha modernización institucional, conectando coa comunidade científica internacional libre de corsés ideolóxicos".


0/5 (0 votos)