Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MARIBOLHERAS PRECÁRIAS ORGANIZAN UNHA CUÁDRUPLA CELEBRACIÓN O VENRES

Festa precaria de Nadal na Coruña

A asociación coruñesa Maribolheras Precárias prepara unha cuádrupla sesión de Nadal para este venres 22 á noite. A partir das nove, na fundación Luís Seoane, comezan as Nadal Sessions, que combinarán catro tradicionais actos destas datas: por unha parte, o sorteo de lotaría; por outra, o discurso da Raíña, e, ademais, a cea de Noiteboa e o baile de fin de ano, todo nunha soa velada. A organización recoméndalles aos asistentes que acudan vestidos de etiqueta perralleira e que leven a súa propia comida, pois será unha cea precaria. Maribolheras poñen as uvas, o cava, a música e o cotillón.

- 11:31 19/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: