Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG DESTACA QUE A PARTIDA SUPORÁ 231 MILLÓNS DE EUROS EN 2007

Educación destina o 11% do seu orzamento a apoiar o ensino privado

A Confederación Intersindical Galega (CIG) cre que os orzamentos presentado pola Consellaría de Educación son continuístas. Entre outros aspectos, a CIG subliña que as partidas para o ensino privado concertado pasarán dos 231 millóns de euros, o que representa un 11% do orzamento da consellaría. Como exemplo sinalan que o gasto en Educación Infantil, a pesar de non ser ensino obrigatorio, sobe un 23%. O sindicato advirte que "un ano máis" o orzamento de Educación medra en termos porcentuais por debaixo do da Xunta.

- 18:43 20/12/2006
Tags:

Anxo Louzao e Xosé María Torres Reino, dirixentes da CIG ensino, compareceron este mércores diante dos medios de comunicación para valorar os orzamentos de Educación. Louzao subliñou que mentres as contas da Xunta medran un 8,8% con respecto a 2006, as da consellaría soben un 8.

A CIG coida que este orzamento vai dificultar avances nas melloras das condicións do profesorado, como o acordo da xubilación anticipada, o cobro de trienios e sexenios por parte dos interinos, o nivel 24 para os mestres ou a redución horarios para maiores de 55 anos. O sindicato destaca que "a reducida creación de emprego vai significar un atranco para avanzar na redución do alumnado por aula".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: