Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO INAUGURA 'O SON DAS BUGUINAS'

Dous anos despois da Tsunami

O centro Crisol, na viguesa Avenida Camelias, a tenda de comercio xusto de Implicadas no Desenvolvemento, acolle a exposición O son das buguinas até finais do nadal. Esta mostra naceu co obxectivo de convidar a reflexionar sobre a necesidade dun compromiso permanente na resolución da pobreza, para evitar e previr desastres como a tsunami. Coas fotografías de Paco Vila Barros, as ilustracións de Xulia Barros e os textos de María Reimóndez, abordaremos o antes, o durante e o despois do proceso que afectou a milleiros de persoas, moitas delas, aínda hoxe sen fogar.

- 07:10 27/12/2006
Tags:

Ademais da exposición, pronto podemos ler xa o libro coeditado con Xerais, no que colaboran Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz e María Reimóndez .

Karaikal dous anos despois
Ademais, InD presenta o informe Karaikal, sobre o proxecto de cooperación ao desenvolvemento apoiado e financiado pola organización no sueste da India (unhas das rexións máis afectadas pola tsunami ). Levaron adiante a posta en marcha, xunto coa oenegué local People Development Iniatiatives, de proxectos integrais que abranguen áreas como a saúde, a educación, a capacitación laboral, a formación ou a aplicación dos microcréditos, e que teñen sempre presente o enfoque de xénero.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: