Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCIDENTES COA POLICÍA ANTES DO PARTIDO DA SELECCIÓN GALEGA DO PASADO DÍA 28

O colectivo Siareiros Galegos cre que o cambio de percorrido da súa manifestación foi unha provocación

Siareiros Galegos, o colectivo que loita pola oficialidade das seleccións galegas deportivas, está a expresar nos últimos días o seu malestar cos incidentes protagonizados por varios dos seus membros e as forzas de seguridade pouco antes do encontro da selección galega do pasado día 28 de decembro. Segundo un artigo de Diego Bernal, membro do colectivo, o percorrido da manifestación que convocaran antes do partido foi modificado a última hora pola policía coa intención de provocar os participantes. Bernal sinala que "a concentración desfíxose antes da carga policial contra os manifestantes, que ao seren levados ao pé da bandeira española de Orzán tentaron retirala". Este membro do colectivo cualifica de "improvisada chapuza irracional" a actuación das forzas de seguridade ao facer pasar a manifestación por diante da bandeira.

- 16:41 06/01/2007
Tags:


Documentos

0/5 (0 votos)