Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ONU PIDE ATENCIÓN URXENTE AOS REFUXIADOS

Un de cada seis iraquís deixou o fogar

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, UNCHR, calcula que desde o comezo da invasión en Iraq, preto de dous millóns de cidadáns viven como refuxiados, e avisan de que arredor de 1.7 millóns de persoas foron desprazados dos seus fogares dentro do propio país. Siria, Xordania, Exipto e o Líbano son os países que están acollendo a maior partes desta xente que escapou de Iraq. A ONU cualifica este movemento coma o maior éxodo na zona desde o desprazamento forzado dos palestinos en 1948. Fronte á situación, solicitan o investimento urxente de 45 millóns de euros para axudarlles a estas persoas. Máis na web das Nacións Unidas.

- 10:43 10/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)