Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTINUARÁ HOSPITALIZADO BAIXO CUSTODIA

A Audiencia Nacional rexeita liberar a De Juana Chaos

Unha ampla maioría dos xuíces da Sala do Penal da Audiencia Nacional resolveron este xoves que Ignacio De Juana Chaos debe continuar en prisión provisional e con coidados hospitalarios. O preso de ETA, que hoxe cumpre 80 días en folga de fame, atópase grave e cun peso de 53 quilos. Mentres un sector da opinión pública apostaba por unha medida de gracia humanitaria outros, encabezados pola Asociación de Vítimas do Terrorismo, argumentaban que non se podía ceder á "chantaxe". De Juana, que está acusado de múltiples mortes, leva preso en diferentes cadeas dende xaneiro de 1987. Unhas cartas súas publicadas en prensa levaron á xustiza a acusalo de novo de "ameazas terroristas" cando xa ía saír en liberdade. As inmediacións da Audiencia Nacional apareceron cheas de pintadas contra o preso e o tribunal horas antes da deliberación. A policía cre que son obra de grupos de ultradereita.

- 14:09 25/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)