Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O CAMIÑO CARA O REXISTRO CIVIL EN LIÑA

Presidencia e Red.es financian a informatización dos xulgados de paz e rexistros civís

A Xunta vai destinar 686.000 euros á informatización dos rexistros civís e xulgados de paz de Galiza. A sinatura do convenio entre a Consellería de Presidencia e a entidade do Ministerio de Industria Red.es para o desenvolvemento do programa Rexistro Civil en Liña, incluído no Plan Avanza, foi aprobada o xoves no Consello da Xunta. Será o xermolo da integración das TIC nestes ámbitos, e o camiño para unha xestión rexistral tecnoloxicamente avanzada que permita a prestación dun servizo de maior calidade.

- 09:15 26/01/2007
Tags:

Dotar os xulgados de paz do equipamento, conectividade e o soporte necesarios para a implantación da aplicación informática INFOREG é o obxectivo desta iniciativa. A comisión de seguimento, constituída por dous representantes da Xunta e outros dous de Red.es, determinará a configuración do equipamento informático que mellor se adapte. Red.es encargarase tamén da formación do persoal, e da execución e financiamento, xunto co Ministerio de Xustiza, das actuacións necesarias para a gravación e dixitalización dos libros rexistrais, coa colaboración da Xunta. O investimento total será de 1.373.458 euros.


0/5 (0 votos)