Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'DE PROFUNDIS' ERA TAMÉN CANDIDATA

Goya para o ratiño dos dentes e lista de nomes para os Mestre Mateo

Estamos na época de auxe de premios cinematográficos: a semana pasada adiantamos a listaxe de candidaturas aos Óscar de Hollywood; hoxe contamos tamén coa lista definitiva de candidaturas aos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo; e onte, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España outorgou os premios Goya aos mellores filmes deste ano. Dúas producións galegas optaban ao premio á mellor longametraxe de animación: Pérez, o ratiño dos teus soños, de Juan Pablo Buscarini, e De profundis, de Miguelanxo Prado. Unha dura disxuntiva entre a creatividade e a calidade artística ou a recreación dixital dun heroe infantil para crear un filme de entretemento. Pawley apostaba polo primeiro, pero finalmente a estatuíña foi para o roedor de Filmax. Velaquí o tráiler:

- 10:59 29/01/2007
Tags:

Pola súa parte, a Academia Galega do Audiovisual acaba de facer pública a listaxe de candidaturas aos premios Mestre Mateo: De profundis pode obter o premio ao mellor filme. Nesta categoría compiten tamén Cargo, De bares, A casa da miña avoa, Miña Sarah, Días azuis, Sempre Habana, Os aires difíciles e Un franco, 14 pesetas.

Na categoría de telefilmes concorren O partido, Ecos, A biblioteca da iguana, Omar Martínez e A Atlántida. E en canto aos programas televisivos, hai boa mostra de todos os estilos: o primeiro "reality" galego, A casa de 1906; o concurso Cifras e letras (os seus tres presentadores, Paco Lodeiro, Jorge Mira e Yolanda Castaño, están nomeados ademais a mellores comunicadores); Noitemóbil, tamén coa súa presentadora, Beatriz Manjón, nomeada a mellor comunicadora; Alalá, o programa musical presentado por Pilar García Rego, que tamén opta ao premio á mellor comunicadora; Antes do silencio, As favoritas, Caravana de sabores, Enerxía viva, Hai debate, o programa de literatura Libro aberto, o magacine cultural Miraxes, que celebra esta semana o seu primeiro aniversario, Mundo verbena, Onda curta, que fixo un aniño recentemente, o concurso Perdelo todo, Planeta cine, ou os programas Rec cámara, de cámaras ocultas e Zaping comando, de humor.

Seguimos no mundo da tele: están nomeadas as series 25 anos de autonomía, A vida por diante, Lembranzas. Os batáns do mosquetín: crónica dunha teima, Libro de familia, Pepe o inglés e Planeta fantasía. Entre os documentais, 2050, A cidade perdida, A cuarta pista, sobre o novo circo, A dedo. Historias de autostopistas, A melodía do pan, A última fotografía, Amelia de Terra de Montes, Apartado 12, Cabo verde sabí. A muller e a terra. O home e o mar, Compostela, cruce de miradas, Ida e volta, Ilusións visuais, Jedn, pensando en soedade, Labregos do mar, Linatakalam, Lume e fume, Mundos cativos, O alquimista, O barco da memoria, que puidemos ver esta fin de semana no espazo Galicia documental, da TVG, Voluntarios, e E todo o demais tamén. E así até vintecinco categorías... Este luns 29, a Directiva da Academia enviará as papeletas da primeira ronda de votaciónss ás persoas asociadas, e poderán ser recibidas perante notario até o 16 de febreiro. O 23 farase pública a lista definitiva e o 26 serán enviadas para a segunda e terceira rolda de votacións. A recpeción de votos perante notario finalizará o 14 de marzo, e despois virá a Gala no García Barbón de Vigo.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: