Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL][CELTA 0 – 2 ESPANYOL]

O Celta perde co Espanyol e xa ocupa postos de descenso

Décimo primeiro partido consecutivo sen gañar do Celta e nova derrota en Balaídos (0-2). A revolución de Vázquez no once titular non deu resultado ante un eficaz Espanyol. A entrada no terreo de xogo de Guayre, Jorge e Areias non impediu que o Celta volvese ser o de sempre. Clamorosos erros en defensa, con Tamas á cabeza, permitiron que os cataláns levasen con comodidade os tres puntos grazas aos goles de Luis García e Pandiani. Os celestes loitaron pola igualada pero en ningún momento deu a sensación de que puidesen ni tan sequera acadar un punto. A meirande parte da bancada despediu os seus con apupos e esixindo dimisións. O próxima xornada o Celta visitará o Reino de Navarra para enfrontarse ao Osasuna, logo de pasar o xoves por Moscova.

- 20:31 11/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: