Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
SOLICITA UNHA REUNIÓN URXENTE COA CONSELLEIRA DE EDCUACIÓN

A Mesa avisa de que se esgota o prazo para aprobar o decreto do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística advertiu este martes de que o decreto para a galeguización do ensino "non pode agardar máis" e non descarta mobilizacións en caso de que continúe a parálise. O presidente da Mesa, Carlos Callón, recoñeceu estar preocupado logo de que transcendesen os problemas que están a ter as forzas políticas para acadar un acordo. Tal e como adiantaba Vieiros o luns, Educación traballa nun novo borrador logo de que o PP rexeitase rotundamente o anterior. Se nun primeiro momento se contemplaba que as materias impartidas na nosa lingua oscilasen entre o 56 e o 68%, na última proposta esta porcentaxe rebáixase ata un 50%. Ademais, xa non sería obrigatorio que o alumnado aprendese a lectoescrita a través da lingua do país.

- 12:38 14/02/2007
Tags:

Callón reiterou este martes que a Mesa non pode aceptar ningún novo decreto que non se traduza nunha mellora substancial para a normalización do ensino. Dende a Mesa subliñan que a presenza do galego nas aulas é a máis baixa de todas as linguas oficiais do Estado. Unha das preocupacións da Mesa é que o decreto non poida estar aprobado no mes de marzo, data que se manexaba en principio. Lembran que é preciso difundir os contidos do decreto entre a comunidade escolar para que entre con garantías no vindeiro curso.

Pola súa parte, Francisco Rei, das Mocidades da Mesa, advirte de que se "o camiño segue así, tomaremos as medidas que consideremos oportunas". Rei pídelle valentía á conselleira Laura Sánchez Piñón para sacar adiante un decreto ambicioso, tal e como demanda "a comunidade educativa". A Mesa agarda que o último borrador non chegue a ver a luz e que se volva unhas propostas máis avanzadas.

Onde están o problema?
Logo da súa filtración, o primeiro borrador que presentou a Consellería de Educación foi considerado como un paso importante por todos aqueles colectivos a prol da normalización do idioma. Dous meses despois, o departamento da Xunta recúa considerabelmente. A actitude do PPdeG que se negou radicalmente a aceptar o primeiro borrador semella ter pesado moito.

A consellaría quere evitar que se empregue a lingua como arma para a confrontación política. As eleccións locais, que se van desenvolver en maio, ameazan con radicalizar o posicionamento dos conservadores que coidan que o bipartito quere "catalanizar" a cuestión lingüística.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: