Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FRONTE AO SOFTWARE LIBRE

O Sergas gasta 650.000 euros en licenzas de Microsoft

O director de negocio de Igalia arremete contra a decisión de seguir usando unha tecnoloxía que sae moi cara.

M.V. - 15:53 07/03/2007
Logo Sergas

Logo Sergas

Tras a publicación do seu artigo, Vázquez explicou a Vieiros que existen alternativas libres coas mesmas funcionalidades co Microsoft Sharepoint, o programa esixido no concurso do Sergas. Estas alternativas permitiríanlle a Xunta aforrar en licencias; que son de balde nos programas abertos. Así o fan, por exemplo, varios hospitais andaluces que usan aplicacións libres desenvolvidas por Igalia. Vázquez acusa ao Goberno de "tomar unha decisión que non é sostible economicamente".

A versión do Sergas
Polo contrario, fontes de Sanidade defenden que, neste caso non existe unha alternativa "tecnicamente viable" ao produto de xestión de contidos de Microsoft. Sanidade argumenta que o cambio é imposible "por cuestións técnicas e sobre todo de necesidades de integración coa plataforma existente".

Fontes da Consellería explican que "o Sergas está moi a favor do software libre" pero neste caso as "circunstancias particulares" imposibilitan a migración. Ademais, negan que o concurso implique gastar 650.000 euros por dous anos de licencias, senón que a Xunta poderá seguir usando o Sharepoint máis tempo.

Promesas institucionais
O certo é que o acordo de goberno que asinaron PSdG e BNG prevé un "pulo do software libre, en colaboración coas universidades". A pesar de que está aposta foi reafirmada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, neste caso o Sergas preferiu prolongar a súa aposta por Microsoft.

O obxectivo do concurso público obxecto da polémica é adquirir licencias para o portal do Sergas e a súa intranet. En 1999 a Consellería de Sanidade comezou a usar programas de Microsoft para estas funcións. A renovación desta decisión, segundo Igalia, prexudica o desenvolvemento dunha industria galega do software.


Ligazóns

4.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: