Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VITORIAS PARA O GESTIBÉRICA, BEIRASAR E COB

Pleno galego na Leb 2

A vitoria do Gestibérica este mércores permitiu asinar unha xornada redonda para os intereses dos equipos galegos que loitan por unha praza na Liga Leb. Precisamente nesa categoría temos que lamentar a derrota do Breogán ante o Tenerife Rural, con polémica arbitral incluída e ameaza de dimisión de Raúl López.


Redacción - 17:59 08/03/2007

Parece por fin que o Gestibérica está a rachar coa súa traxectoria negativa deste 2007. O conxunto de Quino Salvo acadou a súa segunda vitoria consecutiva ante o Grupotel.com (67-59), o que lle permite abandonar o último posto da táboa en detrimento do Real Madrid. Un parcial de 21-10 no último cuarto foi suficiente para que os vigueses levaran a vitoria, grazas tamén aos 17 puntos de Albert Savat.

Os que tamén manteñen as súas liñas positivas son o Beirasar e o Club Ourense Baloncesto. Na noite do mércores acadaron as súas respectivas vitorias ante o WTC Cornella e Real Madrid respectivamente.

Axustada foi a vitoria dos santiagueses (84-81), que tiveron que agardar até o último suspiro para certificar que seguen a ser os principais competidores do La Laguna na loita polo primeiro posto da táboa. Bouldin destacou na faceta anotadora con 25 puntos mentres que Santana acadou un dobre-dobre (10 puntos e 13 rebotes).

Pola súa parte, cun cómodo 75-60, o COB segue a estela do Rosalía co que se mantén empatado a puntos, aínda que cun partido máis. Coma case sempre, foi destacada a actuación do galego Sony Vázquez, que anotou 20 puntos e capturou 5 rebotes.

Derrota do Breo ante o Tenerife Rural

A derrota deste mércores ante un dos seus principais competidores, o Tenerife Rural (91-93), sentou máis que mal na afección luguesa, que ve como se escapa a oportunidade de xogar o play off. O mesmo presidente, Raúl López, moi enfadado coa actuación arbitral, asegurou ao remate do encontro que xa está a pensar en abandonar a dirección do club en xuño.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: