Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A maior atracción... o cásting de actores e actrices

Vilagarcía é esta fin de semana a capital do erotismo

O recinto de Fexdega acolle a segunda edición do Salón Erótico do Atlántico, Seda.

Redacción - 12:10 17/03/2007
O Seda ofrece máis de 26 horas de "intenso espectáculo"

O Seda ofrece máis de 26 horas de "intenso espectáculo"

As predicións de Meteogalicia auguran unha fin de semana anticiclónico e primaveral en Galiza. Aínda así, de seguro que as temperaturas máis altas se van recoller en Vilagarcía de Arousa. E é que a vila pontevedresa acolle este venres e sábado a segunda edición do salón Seda, que ten previsto ofrecer máis de 26 horas de intenso espectáculo erótico.

Os organizadores anuncian orgullosos que este ano aumentouse o número de espectáculos dirixidos a mulleres, en resposta á demanda das visitantes da edición do ano pasado. En total, serán dezaseis os artistas de talla internacional os que participen durante todo o fin de semana nos diversos espectáculos nos escenarios que se habilitaron no recinto de Fexdega.

Un dos obxectivos dos organizadores é normalizar o sector polo que no Seda se apostará polos espectáculos cun toque de erotismo, sensualidade, suavidade e estilo. Non se esquecerá tampouco que o salón é unha plataforma para o desenvolvemento de contactos profesionais e internacionais. Deste xeito, terán especial protagonismo as actividades culturais baseadas no erotismo, tales como conferencias, exposicións de arte ou presentacións de literatura.

Entre os espectáculos máis rechamantes destacan o ‘aerostrip’, variante erótica do aeróbic, as galas de fetish glam, e os pases de películas eróticas e pornos en sesión continua. Aínda así, é o cásting de actores a actividade que máis curiosidade esperta entre os e as visitantes, xunto co ‘paseo das estrelas’, onde os afeccionados poden pedir autógrafos e tomar fotografías cos artistas.

Gago volveu coller a guitarra para inaugurar o salón

Igual que o ano pasado, o alcalde de Vilagarcía, Xavier Gago, non dubidou en subirse ao escenario principal do salón e inaugurar coa súa música a cita e lembrar que “o erotismo está sempre presenta na vida cotiá”. Acompañárono no acto inaugural os edís de Cultura e Seguridade Cidadá do Concello de Vilagarcía, que gozaron do espectáculo principal de apertura do evento.


Ligazóns

3,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: