Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A competición disputouse na Coruña

E a billarda tivo o seu All Stars

O espectacular enfrontamento da Liga Nacional de Billarda desenvolveuse o domingo no campus da Zapateira.

Redacción - 13:09 19/03/2007
Un momento da competición / Foto: O Varal

Un momento da competición / Foto: O Varal

Ao final, a maior experiencia do combinado Leste, vestido de laranxa, impúxose ao do Oeste, con uniformes azuis. A crónica pódese ler na páxina da asociación O Varal e, decontado, a canle dixital da Liga Nacional de Billarda, Tele-Varal, irá engadindo os vídeos coas mellores entrevistas do campionato.

No blogomillo, unha das participantes, Besbellinha, conta a súa experiencia en primeira persoa como integrante da Conferencia Oeste. Tamén houbo presenza do evento deportivo nos medios audiovisuais do país, coa presentación oficial no programa Luar da Galega e a entrevista a un dos participantes, Sak, no programa Extrarradio da radio pública.

Previamente ao All Stars desenvolveuse o novidoso concurso de mates, cuxa final disputaron David, do conxunto occidental, contra o que ao final foi o vencedor, Juan Pico, do Leste.


4,83/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: