Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A norma prohibirá mesmo falar de homosexualidade na escola

A UE castigará a Polonia se despide a mestres homosexuais

A Comisión Europea considera que a lei que prepara o goberno polaco incumpre os valores fundamentais da UE.

Redacción - 09:00 21/03/2007

A lexislación europea actual inclúe unha directiva que impide a discriminación laboral por orientación sexual, polo que o executivo europeo podería actuar contra Polonia no caso de que siga adiante o anunciado proxecto contra os gais que prepara o ministerio de Educación dese país.

Eurodeputados da esquerda presentáronlle esta semana unha pregunta ao Consello Europeo e á Comisión Europea, insistindo en que son necesarias medidas para frear xa a iniciativa polaca. O voceiro de Xustiza e Liberdades da Eurocomisión, Friso Roscam, citou a directiva de 2000 que estabelece que ningún traballador europeo poderá ser discriminado laboralmente por cuestións de "relixión, crenzas, discapacidade, idade ou orientación sexual".

Con todo, a Comisión Europea actuaría no momento en que a lei implique a perda do posto de traballo dun mestre, pero non aclara o executivo se poderá presionar a Polonia para que non bloquee a simple mención da homosexualidade nas escolas.

Unha norma que vai contra os dereitos civís
O goberno ultraconservador polaco anunciou que fixará multas, despido e mesmo penas de cárcere para quen faga calquera mención da homosexualidade nas institucións académicas.

As agresións a gays e en xeral o belixerante clima cara á homosexualidade que enchoupa a sociedade polaca, segundo advirten diversos colectivos sociais, non poderá ser combatida desde as escolas. As asociacións advirten de que as propostas didácticas contra a intolerancia, ou campañas de prevención fronte á SIDA quedarán prohibidas coa nova lexislación.

Human Rights Watch critica que o goberno polaco contribúa a estender a "cultura do odio" e teime en discriminar os cidadáns segundo a súa orientación sexual. Hai unha semana, o propio ministro de Educación polaco, Miroslav Orzechowski, avanzara que a norma que o seu departamento preparaba pretendía "castigar a calquera que promova nos centros educativos a homosexualidade ou calquera outra desviación da natureza sexual". Ademais, o ministro subliñou que calquera mestre que faga público que é gay será automaticamente despedido do traballo. O executivo agarda que a lei estea lista nun mes.


4.25/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: