Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VINTE ASOCIACIÓNS PARTICIPAN XA NA IDEA

Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística

Compostela vai acoller o vindeiro sábado día 31 unha asemblea de colectivos de todo o país preocupados pola situación.

Redacción - 17:45 26/03/2007

Hai poucas semanas o colectivo eumés Fusquenlla facía un chamamento social para que se organizase unha protesta nacional que mostrara a preocupación polas agresións urbanísticas que está a sufrir o país. Agora, diferentes asociacións galegas xa expresaron a súa intención de acudir a unha asemblea que se celebrará o vindeiro sábado, ás 12 horas na Galería Sargadelos de Compostela. Na reunión intentará crearse unha coordinadora.

Fusquenlla expresa nun comunicado a “preocupación e repulsa pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galiza e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrución do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, a desaparición dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos para o noso entorno”.

Na reunión da vindeira fin de semana xa anunciaron a súa presenza a Asociación O Carballal; Adega; Amigos da Terra; Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra; Colectivo Ecoloxista do Salnés; Federación Ecoloxista Galega; Greenpeace; Luita Verde; Verdegaia; Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín); Anduxía (Bueu); Bouzas Móvete; Comité Cidadán de Defensa para a Ría de Ferrol; Foro Social de Cangas; Fusquenlla; Ortigueira Sostible; Plataforma Ártabra 21; Plataforma contra o viaduto e variante de Outes; Plataforma pola Defensa da Ría (Cíes); e Salvemos Monteferro.


4,25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: