Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
OS CRÍTICOS QUEREN REVISAR A CANDIDATURA

A dirección do PSdeG continúa os contactos para evitar que rache o partido en Cambre

A cúpula do partido confía en solucionar a crise a vindeira semana. O municipio, de case 23.000 habitantes, é un tradicional bastión socialista.

Redacción - 19:37 28/03/2007
Tags: Cambre PSdeG

As diverxencias internas na agrupación socialista de Cambre continúan. O propio secretario de organización, Ricardo Varela, tivo que intervir para evitar que rachase a formación no municipio. O sector máis crítico co actual rexedor, Antonio Varela, estarían dispostos a aceptalo como cabeza de lista aínda que piden unha candidatura diferente á que o alcalde presentou. No PSdeG confían en que o acordo definitivo chegue na vindeira semana.

As diverxencias internas acentuáronse logo de que o xornal La Opinión publicase unha reportaxe na que se desvelaba que o alcalde tiña intereses nunha empresa construtora. Aínda que o rexedor sempre defendeu a legalidade dos seus traballos, que se desenvolvían fóra do concello, a noticia contribuíu a que os sectores máis críticos se opuxeran en primeira instancia a unha posíbel reelección de Varela.

Preto de 23.000 habitantes
Nos últimos quince anos o municipio practicamente dobrou o seu número de habitantes, que xa se achega aos 23.000 habitantes. Canda concellos como o da Coruña e Culleredo é un claro expoñente da fortaleza do PSdeG na área metropolitana coruñesa. Un factor que foi crucial para que as forzas progresistas recuperaran a Deputación en 2003.


1.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: