Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Convida os inmigrantes a abandonar o país

O cartel xenófobo dun partido político causa polémica en Portugal

A Procuradoria-Geral da República non atopa indicios de delito na propaganda política, situada nunha rúa de Lisboa.

Redacción - 13:34 30/03/2007
O cartel da polémica

O cartel da polémica

Un cartel político con mensaxe xenófoba está a causar a indignación en Portugal. O de propaganda do Partido Nacional Renovador (PNR), situado na rúa lisboeta do Marquês de Pombal, contén a mensaxe: “Basta de imigração. Nacionalismo é solução. Façam boa viagem”.

A pesar da indignación da Assembleia da República, do Goberno portugués, do alto comisario para a Migración e Minorías Étnicas e de organizacións como SOS Racismo, a Procuradoria-Geral da República (PGR) considera que non hai delito na mensaxe.

Segundo a PGR, o cartel non promove a discriminación racial ou relixiosa, polo que non hai motivo para retiralo. Aínda así, vixiará as accións e as declaracións dos responsábeis do anuncio por se se pode converter nun vehículo de actos contra inmigrantes.

O líder do PNR, José Pinto Coelho, que aparece no cartel, dixo que é o inicio dunha campaña contra os inmigrantes para protestar contra as políticas gobernamentais que, segundo el, desprotexen os portugueses.

No país veciño, a propaganda política é libre e as súas mensaxes non están suxeitas á censura. 423.000 inmigrantes que viven e Portugal e catro millóns de portugueses están desprazados do seu país. Casualmente, Pinto Coelho estivo tres anos emigrado no Río de Janeiro.


4.7/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: