Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xornadas de debate no Auditorio de Galicia

Unha industria musical galega é posíbel

Noel Feáns, coordinador da revista Sono-tone, achégalle a Vieiros a súa visión sobre o futuro do sector no noso país.

M. del Río - 18:01 10/04/2007
Vista aérea do auditorio

Vista aérea do auditorio

Este martes e mércores o futuro da industria musical debátese no Auditorio de Galicia, en Santiago. As xornadas de debate, que organiza a Consellería de Cultura e Deporte, contan coa participación dunha vintena de expertos nas industrias culturais.
A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o IGAEM aspiran a marcar as bases para o desenvolvemento dun sector discográfico de noso. Gran parte das actividades estarán abertas ao público, como mesas redondas, conferencias e presentacións, aínda que tamén se desenvolverán mesas de traballo das que formarán parte especialistas na materia.

Un dos participantes na xornada do martes é Noel Feáns, coordinador da revista Sono-tone e condutor do programa Radio Oceánica de Radio Galega Música. A partir das sete da tarde presenta os seus proxectos perante o público do Auditorio de Galicia.

Vieiros: Hai sitio para unha industria musical galega?

Noel Feáns: Por suposto, da mesma maneira que o hai para unha industria musical checa ou quebecois no contexto mundial. É fundamental aspirar á normalidade.

V: Cal debe ser o papel da Administración, das empresas e dos artistas na conformación desta industria?
N. F.: O dos artistas debe ser evidentemente o papel protagonista e o da administración o de dotador de medios e infraestruturas pero nunca o de mecenas ou orientador de tendencias. Debemos aprender de experiencias fracasadas coma o Rock Catalá do que non queda nada.

V: Como ve a música do país a medio prazo?

N. F.: Con moi boa saúde, a verdade. O ano 2006 parecía inmellorábel pero a altísima calidade da copiosa produción musical deste primeiro trimestre de 2007 indica que a cousa vai a máis.


Ligazóns

3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: