Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A reforma do Código Civil daralle voto até 500 mil persoas

En pouco tempo un de cada cinco votantes será emigrante

Os grupos políticos seguen convidándose a pactar ao respecto da limpeza do voto exterior, pero evitan consensos concretos.

Redacción - 09:00 12/04/2007

Confirmouno o este mércores no Parlamento o presidente da Xunta: en canto se aprobe a reforma do Código Civil, despois de pasar o trámite do Congreso, vaise disparar o número de emigrantes con dereito a voto.

Os cambios facilitarán que os netos de emigrantes galegos poidan solicitar o dereito de cidadanía. Deste xeito, o goberno calcula que en pouco tempo até 500 mil persoas que viven fóra de Galiza terían dereito a voto nas eleccións. Fronte aos arredor de 2,5 millóns de galegos con dereito a voto na actualidade, iso implicaría que aproximadamente un de cada cinco electores estaría no exterior. Nas municipais do vindeiro mes de maio serán 319 mil os votantes da emigración.

Emilio Pérez Touriño referiuse a estas cifras ao tempo que advertía unha vez máis sobre os problemas coa limpeza do voto exterior. Nesa liña propuxo "un auténtico pacto das forzas políticas galegas" que impulse un novo modelo que garanta o dereito dos emigrantes ao "voto en urna", e implique "renuncias a actuacións incorrectas nas contendas electorais".

Touriño indicou que o proceso require da reforma da Lei Orgánica de Rexime Electoral, actualmente na axenda do goberno español, e que será necesario o consenso no Congreso, pero indicou que sería un avance que en Galiza, con alta porcentaxe de emigrantes respecto ao resto do Estado, se consiga antes ese acordo político.


4.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: