Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
EN SARGADELOS, NA RÚA E NA PRAIA

Semana do Libro Galego en Barcelona

Nos actos deste ano ao redor do día do libro e de Sant Jordi, alén das novidades editoriais e dos actos na Galería Sargadelos, tamén se poderá gozar a poesía na rúa e na praia.

Redacción - 23:24 15/04/2007
Óliver Escobar: "Apostasía"

Óliver Escobar: "Apostasía"

A Asociación Galega de Editores e a Galería Sargadelos organizan por terceiro ano consecutivo a Semana do Libro Galego en Barcelona. Ademais da obrigada mesa para a distribución de libros galegos e portugueses que a Libraría Sargadelos expón na confluencia da Rambla de Catalunya co carrer de Provença o 23 de abril, en Barcelona poderase asistir a diversos actos culturais relacionados coa literatura galega.

Entre os actos programados, está a presentación de Más allá del tiempo, obra até agora inédita de María Mariño, á cal vai dedicado este ano o Día das Letras Galegas e que conta con estudo introdutorio elaborado por Helena González, profesora de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona.


A pegada barcelonesa nas letras galegas tamén está presente nesta Semana do Libro Galego coa presentación da novela Os paxaros tamén migran ao Sur, de Silverio Cerradelo, ambientada en Barcelona e gañadora da VI edición do premio de narrativa Terra de Melide
.

Coincidindo co inicio do Saló Internacional del Còmic de Barcelona, no que destaca dende hai varias edicións a banda deseñada elaborada en Galiza, inaugúrase en Sargadelos a exposición "A Historieta Galega" coa presenza da conselleira de Cultura da Xunta, Ánxela Bugallo. A presenza institucional é un recoñecemento merecido ao traballo realizado polo cómic galego.

A poesía ten este ano unha especial presenza na Semana do Libro Galego en Barcelona da man de Edicións Positivas. A editorial organiza lecturas colectivas dos poemas de Paula Carballeira do libro Contatrás, na praia da Barceloneta, e tamén dos versos de Óliver Escobar, do seu poemario Apostasía, que facendo honra ao título, serán recitados diante da Catedral de Barcelona.

Estas xornadas non esquecen a produción encol do teatro realizada por profesionais galegos. O ciclo pecharase coa presentación de Dramaturxias, de Afonso Becerra e do traballo de Dani Salgado A dirección de autores.


Programa de Semana do Libro Galego en Barcelona

Mércores 18, 20 h. Galería Sargadelo
s
Presentación de Más allá del tiempo, obra inédita de María Mariño, a cargo de Helena González. Na mesa estará acompañada do editor Henrique Alvarellos. Ademais farase unha lectura de algúns anacos do libro por parte de Sara Sanjurjo e Ana Belén Real (de Furafollas), Marta Font (bolseira do iiEDG) e Marta Villanueva (estudante de Filoloxía Galega, UB)
. Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.

Xoves 19, 20 h. Galería Sargadelos

Inauguración da mostra A Historieta Galega producida pola Fundación Feima. Na presentación contarase coa presenza de Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura da Xunta de Galicia; Luis Bará director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, Fausto Isorna, debuxante e un dos comisarios da exposición e con Alicia Cepeda, secretaria da Fundación Feima.
A mostra estará ata o día 4 de maio.

Venres 20, 20 h. Galería Sargadelos
Presentará o seu libro Silverio Cerradelo, Os paxaros tamén migran ao Sur, Ed. Xerais. Na mesa acompañará ó autor Manuel Bragado, director de Ed. Xerais e Sabela Labraña, profesora de Filoloxía Galega, UB.

Sábado 21, 12.30 h. Praia da Barceloneta, Espigó del Gas (onde se escoite a gaita)
Lectura colectiva e plurilingüe do poemario Contatrás, de Paula Carballeira. Ed Positivas A continuación xogarase o III Campionato Contatrás de Brilé.

Sábado 21, 18 h. Galería Sargadelos
Presentación de libro de Alberte Pagán A mirada impasível (A filmografía de Andy Warholl) 19 h. Proxección do filme Bs. As,de Alberte Pagán Na mesa estará ademais do autor, Paco Macías, de Ed. Positivas.

Domingo 22, 12.30 h. Pla de la Seu, Catedral de Barcelona
Lectura colectiva do poemario Apostasía, de Óliver Escobar, Ed. Positivas

Domingo 23. Sant Jordi.
A librería Sargadelos colocará varias mesas no exterior do seu local en Carrer de Provença 274, (con Rambla Catalunya) destinadas á venda de libros.

Venres 27, 20 h. Galería Sargadelos.
Dobre presentación:
- Afonso Becerra: Dramaturxias
- Dani Salgado: A dirección de autores


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: