Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Terceira edición do portal web

Volve Arredemo!

A rede de acción sociocultural busca novos socios, aos que lles ofrecerá todo tipo de servizos na rede.

Redacción - 18:12 26/04/2007
Nova imaxe do portal

Nova imaxe do portal

A asociación sociocultural Arredemo está a poñer en marcha o seu terceiro portal de rede de acción sociocultural, que xorde para estar ao servizo da información independente e da dinamización do tecido asociativo do país.

O presidente de Arredemo, Carlos Santiago, explicou que a web estase a construír arredor da páxina da asociación. Unha vez se consolide, esperan ofertar o proxecto a colectivos e persoas, nun prazo aproximado dun par de meses.

O portal prestará servizos para as persoas e colectivos asociados, como o aloxamento de webs no seu servidor a través de leiras. Tamén se prevé prestar asistencia administrativa, espazos de publicidade e difusión. Para a libre distribución de contidos literarios, audiovisuais e musicais poñerán en marcha o Faiado, unha parcela reservada para ese fin.

Arredemo.info estase a poñer en marcha sen apoios, polo que a asociación está aberta a colectivos ou persoas que desexen colaborar e participar no mantemento económico e humano do portal. O financiamento da entidade depende das cotas anuais dos seus socios, das doazóns, do aloxamento de webs no servidor, das subvencións públicas para asociacións sen ánimo de lucro -que aínda están pendentes de se adxudicar-, da publicidade e dos seus proxectos na rede.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: