Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
MÁIS DEGRADACIÓN AMBIENTAL NO MORRAZO

Destrucción tralas labores de limpeza do rio barranco do faro en meira (moaña)

Luita Verde salienta que á beira do río Barranco do Faro, no lugar de Bronlle, da parroquia moañesa de Meira pasado xa máis dun mes das labores da súa limpeza levadas a cabo pola empresa Braña SCL, contratada pola Consellería de Medio Ambiente tralas riadas do inverno pasado, están depositados residuos plásticos, chatarras, restos de electrodomésticos, pneumáticos, botellas de vidro, .... Estes residuos ós que dende aquela non se lle da solución, están perfectamente á vista despóis que nesas labores de limpeza se talaran árbores de ribeira e se utilizara unha maquina de pala para remover os fondos do río, e ó mesmo tempo, extralimitándose nas súas funcións, procederan á roturación do solo e ó ancheado de camiños das proximidades, afectando á Carballeira de Bronlle, espazo natural senlleiro, de gran valor socio-cultural e ecolóxico.

Luita Verde - 18:46 03/05/2007

Preto deste mesmo lugar, en zona rural e rodeada de explotacións agropecuarias tamén obxecto da susodita limpeza, nos últimos anos se construíron muros enriba do río por parte de propietari@s privados para construír nas proximidades vivendas e alpendres e tamén por parte do Concello, con fondos públicos para un paseo empedrado, o que está a provocar que nas crecidas provocara varios desprendementos de terras na beira de en fronte, agravado tamén pola falla de vexetación arbórea que as sosteña. Contradictoriamente na parte alta do río, a máis interesante a nivel ecolóxico (augas máis limpas xa que hai poucas edificacións á súa beira e maior extensión de bosque de ribeira, con abundancia de ameneiros, salgueiros, avelaneiras, loureiros e carballos) e a pesar de que traballadores/as do Padroado Municipal Beiramar montaron dun xeito máis sostible no ano 2002 un sendeiro de recuperación dos vellos camiños e do patrimonio etnográfico (muíños e fontes), dende aquela quedou sumido no máis completo abandono e fallo de mantemento. O contorno do nacemento do río, nas ladeiras do monte Faro, foi afectado a principios deste século pola construcción do corredor de alta capacidade ou “vía rápida” do Morrazo, a traveso de recheos e a instalación de varios pilares dun viaducto.

O martes 1 de maio houbo un verquido de augas residuais no mesmo río, que cunha cor grisacea baixaba por todo o leito dende o lugar de Bronlle ata a súa desembocadura, encaixonada por muros de cemento, na zona coñecida como río da Ponte, onde se acumulaba en grandes cantidades xa dunha cor máis abrancazada, que chegaba ata o interior da enseada de Meira, na ría de Vigo. Os feitos foron denunciados ese mesmo día por un representante de Luita Verde no posto da Policía Local, na Casa Consistorial. As malas artes da limpeza do río parece que so serviron para que ironicamente agora se faga máis visibles estas outras lacras ambientais, que por desgracia non son nada novas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: