Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A cifra duplica as expectativas

Tres mil rapaces correron por Compostela a prol da lingua

Unha chea de cativos de trinta centros de ensino da comarca participaron nesta carreira, que rematou cunha festa no Obradoiro. A próxima será o día 8 en Viveiro.

Redacción - 18:25 04/05/2007

As previsións da organización apuntaban a uns 1.500 participantes, aínda que, como contou Fran Rei, responsábel de mocidade da Mesa, “a asistencia foi moi superior á que tiñamos prevista”. A segunda etapa do Correlingua tivo lugar en Compostela, este venres 4 de maio, coa participación de máis de 3000 rapaces. O evento, organizado pola AS-PG, a CIG-Ensino, e a Mesa, encheu as rúas compostelás de corredores con faixas e carteis, mesmo vestidos para a ocasión, como os rapaces do CPI Viaño pequeno de Bembibre, en Trazo, que levaron o premio de animación por seren os máis dinámicos e orixinais, ao correren vestidos como a xente maior da súa aldea, con boinas, chalecos, caxatos...

Por outra banda, o manifesto gañador foi o do alumnado de 3º da ESO do CPI da Ponte Carreira, en Frades, co título Ninguén nos cala! Lérono na festa que houbo como remate na Praza do Obradoiro, que estivo animada polos Tonechos e, como mestres de cerimonias, o Xabarín do Xabarín Club da TVG e Manolo Romón.

A próxima carreira será o 8 de maio en Viveiro. Coa iniciativa colaboran os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, Vicepresidencia, as Consellarías de Cultura, de Industria, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás que se suma a Rede Galega de Escolas Infantís Galescolas. Ademais, na comarca de Santiago participaron na organización os Concellos de Ames, Brión, Teo e Rois.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: